Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 6 de novembro de 2020 Páx. 44305

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2020, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 47, do 7 de marzo), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar o 26 e o 29 de outubro de 2020, o tribunal nomeado por Orde do 12 de xullo de 2019 (DOG núm. 137, do 19 de xullo) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 47, do 7 de marzo), modificado pola Orde do 6 de setembro de 2019 (DOG núm. 171, do 10 de setembro) e pola Orde do 29 de outubro de 2019 (DOG núm. 210, do 5 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Unha vez revisadas, na sesión que tivo lugar o 26 de outubro de 2020, as reclamacións presentadas ao abeiro do previsto na base II.1.2.7 da convocatoria:

• Anular a pregunta 12 do cuestionario da primeira proba que pasa a ser substituída pola pregunta de reserva 31.

• Desestimar o resto das alegacións presentadas.

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, o terceiro exercicio constou de dúas probas, a primeira consistiu na superación dunha proba de coñecemento de lingua inglesa e a segunda proba na superación dunha proba de coñecemento de lingua galega, celebradas ambas o pasado día 13 de outubro de 2020. En todo caso quedaron exentos da súa realización os aspirantes que achegaron no prazo sinalado nas bases os xustificantes de exención pertinentes.

Este exercicio valorarase como apto ou non apto e será necesario para superalo obter o resultado de apto en cada unha das probas. Para estes efectos, nos criterios de corrección, valoración e superación do terceiro exercicio, aprobados polo tribunal no Acordo do 22 de setembro de 2020 en cumprimento da potestade de determinación do criterio de superación do exercicio, e publicados no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, estableceuse que superarían o terceiro exercicio as persoas aspirantes que teñan unha porcentaxe igual ou superior ao 50 % de respostas correctas en cada unha das probas (unha vez feitas as deducións por respostas incorrectas, que descontarán cada unha delas un terzo dunha pregunta correcta).

Feita a corrección en sesión do 29 de outubro de 2020, e consonte os criterios anteriores, superaron o exercicio de lingua inglesa un total de nove (9) aspirantes no conxunto de todas as quendas e un (1) aspirante o exercicio de lingua galega, pertencente á quenda de acceso libre.

Tendo en conta as cinco (5) persoas aspirantes que acreditaron no prazo sinalado que posúen coñecemento da lingua inglesa correspondente a un nivel B2, ou superior, dentro do Marco europeo común de referencia, e as dezaseis (16) persoas aspirantes que presentaron acreditación de posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais dos niveis de coñecemento de lingua galega (DOG do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG do 19 de febreiro), o total de persoas aspirantes que poderán presentarse ao seguinte exercicio será de catorce (14).

Terceiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao terceiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de sistemas e tecnoloxía da información, no lugar onde se realizou a proba e no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal.

Cuarto. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Facenda nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2020

Javier Páez González
Presidente do tribunal