Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 6 de novembro de 2020 Páx. 44383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 21 de outubro de 2020 polo que se notifica a resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/118/2017-RP1.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 22 de setembro de 2020, resolución na que se declara que as obras executadas en solo rústico, consistentes na execución dunha edificación con tipoloxía de nave, nas parcelas 189-190, no lugar de Chao, no termo municipal de Muras, provincia de Lugo, non son legalizables por seren incompatibles co ordenamento urbanístico.

Ao non poder realizar a notificación persoal daquela resolución a María Dolores Esther Guerreiro Requeijo (en calidade de herdeira de María Antonia Guerreiro Requeijo), mediante este anuncio, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada a devandita resolución por medio dun anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselle á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica atópase ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, a interesada pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, ante o director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, ou ben, se non exercita o seu dereito de presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición se sitúe o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste, e lle sirva de notificación á citada interesada en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección
da Legalidade Urbanística