Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 6 de novembro de 2020 Páx. 44416

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de convocatoria de procesos selectivos de prazas obxecto de funcionarización.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra do 3.11.2020, publicáronse as bases xerais e específicas dos procesos selectivos de prazas obxecto de funcionarización.

O número de prazas, a súa denominación e características relaciónanse a continuación:

Oitenta e dúas prazas de administrativo de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala administrativa e integradas no grupo C1.

Catro prazas de auxiliar de Administración xeral, encadradas na escala de Administración xeral, subescala auxiliar e integradas no grupo C2.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia.

Pontevedra, 3 de novembro de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra
P.D. (Resolución presidencial 2019012988,
do 15.7.2019)

Carlos López Font
Deputado delegado da Área de Economía, Facenda
e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay
Secretario da Deputación Provincial de Pontevedra