Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 225 Venres, 6 de novembro de 2020 Páx. 44335

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 28 de outubro de 2020 pola que se nomea catedrático de Universidade da área de coñecemento de Fisioloxía Vexetal.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade pola Resolución do 2 de xullo de 2020 (BOE do 14 de xullo), para a provisión da praza número 20/039 de catedrático de universidade da área de coñecemento de Fisioloxía Vexetal, departamento de Bioloxía desta universidade, a favor de Federico Pomar Barbeito, con DNI núm. ***9578** e unha vez que a persoa interesada acreditara os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Federico Pomar Barbeito, catedrático de universidade da área de coñecemento de Fisioloxía Vexetal, departamento de Bioloxía desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte á publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, a persoa candidata deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que se contarán desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Previamente, e con carácter potestativo, poderá interpoñer un recurso de reposición ante esta reitoría, no prazo dun mes, de acordo co establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro).

A Coruña, 28 de outubro de 2020

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña