Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 9 de novembro de 2020 Páx. 44511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 22 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2020166TACO por infraccións en materia sanitaria.

Ao non se poder levar a cabo a notificación do acordo de inicio do expediente sancionador 2020166TACO incoado a 32761999V e de acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

Así mesmo, de acordo co previsto no artigo 64.2 da Lei 39/2015, ten dereito a formular alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio. No caso de non efectuar alegacións no citado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución.

Advírtese que antes da resolución do procedemento ten dereito ás reducións establecidas no artigo 85 da Lei 39/2015.

A Coruña, 22 de outubro de 2020

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2020166TACO.

DNI/NIF/CIF: 32761999V.

Último enderezo coñecido: rúa Praia de Sabón, 5, 15142 Arteixo.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.