Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 9 de novembro de 2020 Páx. 44498

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 27 de outubro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PA 273/2020 contra a Orde do 8 de outubro de 2019 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 196, do 15 de outubro de 2019) e fronte á Orde do 21 de outubro de 2019 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 205, do 28 de outubro de 2019).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Vigo polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo PA 273/2020 fronte á Orde do 8 de outubro de 2019 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 196, do 15 de outubro de 2019) e fronte á Orde do 21 de outubro de 2019 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario de carreira do corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 205, do 28 de outubro de 2019).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso administrativa, a achega do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos no referido xulgado no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública