Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Luns, 9 de novembro de 2020 Páx. 44506

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

ANUNCIO do 28 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o levantamento da suspensión do expediente sancionador na orde social RL 2016/203-1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado aos titulares da empresa citada no anexo, sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o levantamento da suspensión no correspondente expediente sancionador.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados dispoñen do prazo de dez (10) días, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para alegar o que xulguen oportuno.

A Coruña, 28 de outubro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: RL 2016/203-1.

Acta Inf. nº: I152016000040089.

Empresa: Impermeabilizaciones Tusa, S.L.

NIF: B15398175.

Concello: Bergondo.

Materia: seguridade e saúde.

Data da comunicación: 1 de outubro de 2020.