Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Martes, 10 de novembro de 2020 Páx. 44691

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Pontevedra

ANUNCIO de corrección de erros do anuncio da convocatoria de procesos selectivos de prazas obxecto de funcionarización.

No Diario Oficial de Galicia número 225, do 6 de novembro de 2020, publicouse o extracto do anuncio da convocatoria das bases xerais e específicas dos procesos selectivos obxecto de funcionarización da Deputación Provincial de Pontevedra.

Advertido un erro no cómputo do prazo de presentación de solicitudes, ao abeiro do establecido no artigo 109 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa rectificación no sentido seguinte:

Na páxina 44416, onde di:

«O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado».

Debe dicir:

«O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia».

Como consecuencia desta rectificación, o referido cómputo iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Pontevedra, 6 de novembro de 2020

A presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra

P.D. (R.P. 2019012988, do 15.7.2019)

Carlos López Font

Deputado delegado da Área de Economía, Facenda
e Réxime Interior

Carlos Cuadrado Romay

Secretario da Deputación

Provincial de Pontevedra