Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 11 de novembro de 2020 Páx. 44786

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 384/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 384/2018 deste xulgado do social se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2020.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 384/2018, sendo parte neste, como demandante, Mario García Picón, asistido pola letrada Sra. Rudiño Agrafojo e, como demandada, a empresa Seijas Leyte, S.L., que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que Fogasa (Fondo de Garantía Salarial) citado de oficio, pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes.

Resolución.

Estímase a demanda interposta por Mario García Picón fronte a Seijas Leyte, S.L. e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboar ao demandante a cantidade de 1.208,16 euros, que devindicará os xuros do artigo 29.3 do ET por demora, con condena ao pagamento de honorarios de asistencia letrada á parte demandante dentro do límite legal, sen prexuízo da responsabilidade, se é o caso, do Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes, contra a que non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Seijas Leyte, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza