Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 11 de novembro de 2020 Páx. 44853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión mortis causa da titularidade do parque de cultivos mariños número 869, situado na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que mediante a Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar do 16 de outubro de 2020 se autorizou a transmisión mortis causa, mediante pacto de mellora, da titularidade do establecemento de acuicultura que se describe:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 869 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 1.542,14 m².

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22 de abril).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: mortis causa.

Antigo titular: José Campos García.

Novo titular: José Ángel Campos Maneiro (***5997**).

O novo titular subrógase no prazo, dereitos e obrigas do anterior.

Vigo, 19 de outubro de 2020

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo