Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 11 de novembro de 2020 Páx. 44833

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 28 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de ocupación e requirimento das follas de valoración no expediente de expropiación IN407A 2015/167-1, no concello de Zas.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada anexo 1 modificado 1 recuamento da LMT VIM-802 no lugar de San Tirso, no concello de Zas (expediente IN407A 2015/167-1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.

A Coruña, 28 de outubro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN407A 2015/167-1

Entidade beneficiaria: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación da instalación: anexo 1 modificado 1 recuamento da LMT VIM-802 no lugar de San Tirso

Concello: Zas

Predio

Concello

Titularidade proposta

Data ocupación

5

Zas

Descoñecida

12.11.2020