Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 11 de novembro de 2020 Páx. 44757

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 30 de outubro de 2020 pola que se nomean funcionarias en prácticas as persoas opositoras que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso a corpos docentes convocados na Comunidade Autónoma de Galicia pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

Pola Orde do 21 de febreiro de 2019 (DOG do 8 de marzo) convocáronse, entre outros, procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de profesores de escolas oficiais de idiomas, de profesores de música e artes escénicas e de profesores técnicos de formación profesional, da Comunidade Autónoma de Galicia. De conformidade co establecido na base décimo novena e vixésima da dita orde, as persoas aspirantes seleccionadas deberán realizar un período de prácticas que formará parte do proceso selectivo.

Ao existiren vacantes dotadas orzamentariamente, procede nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas as persoas opositoras que foron destinadas a aquelas.

Na súa virtude, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear funcionarios ou funcionarias en prácticas a María Mercedes Argibay Pérez, DNI ***5984**, do corpo de profesores de ensino secundario, especialidade de Formación e Orientación Laboral, que non puido ser avaliada da fase de prácticas no curso anterior; Lorena Barbeito Barciela, DNI ***9239**, especialidade de Xeografía e Historia; María Cristina Vilas Taboada, DNI***9983**, especialidade de Matemáticas; José Crecente Campo, DNI ***7728**, especialidade de Procesos na Industria Alimentaria, e María José Pazos García, DNI ***1824**, especialidade de Procesos de Xestión Administrativa, que superaron o procedemento selectivo de ingreso no corpo de profesores de ensino secundario, que tiñan concedido o aprazamento da fase de prácticas no curso 2019/20.

Segundo. Conceder o aprazamento da fase de prácticas a Andrea Fidalgo Giráldez, DNI ***9040**, especialidade de Lingua Castelá e Literatura; Vanesa Vázquez Novo, DNI ***8636**, especialidade de Inglés; Andrea Castelo Veiga, DNI ***9490**, especialidade de Lingua Galega e Literatura; Javier Telmo Miranda, DNI ***3731**, especialidade de Organización e Proxectos de Fabricación Mecánica.

Terceiro. O nomeamento como funcionario ou funcionaria en prácticas producirá efectos económicos e administrativos desde as seguintes datas: María Mercedes Argibay Pérez, DNI ***5984**, desde o 16 de setembro de 2020; Lorena Barbeito Barciela, DNI ***9239**, desde o 22 de setembro de 2020; María Cristina Vilas Taboada, DNI ***9983**, desde o 22 de setembro de 2020; José Crecente Campo, DNI ***7728**, desde o 16 de setembro de 2020, e María José Pazos García, DNI ***1824**, desde o 16 de setembro de 2020.

Cuarto. O réxime retributivo do persoal funcionario en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo), modificado polo Real decreto 213/2003, do 21 de febreiro (BOE do 1 de marzo), polo que se fixan as retribucións de persoal funcionario en prácticas.

Quinto. O persoal funcionario en prácticas que xa estea prestando servizos remunerados na Administración como persoal funcionario de carreira ou persoal funcionario interino, persoal contratado administrativo ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que, de acordo coa normativa vixente lle corresponda, poderá formular opción pola percepción de las remuneracións en canto persista a súa condición de persoal funcionario en prácticas, de conformidade co previsto no artigo 141 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia. Na falta de opción expresa, enténdese que se opta pola retribución de persoal funcionario en prácticas.

Sexto. A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos adoptará todas as medidas e ditará as instrucións que considere oportunas para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2020

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade