Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 11 de novembro de 2020 Páx. 44856

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 28 de outubro de 2020 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/194/2019-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a Ana Isabel Guntín Chamorro e Mª Mercedes Chamorro Pérez para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/194/2019-RP1, en relación coas obras consistentes en movemento de terra con alteración da rasante, que se levan a cabo na Estrada pola vía, barrio do Rial, Panxón, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado está á disposición das interesadas na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

As interesadas disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación deste anuncio, para alegaren e presentaren os documentos e informacións que xulguen pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación ás citadas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2020

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística