Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 11 de novembro de 2020 Páx. 44781

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de sentenza (PO 190/2017).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 190/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Brea Castro contra Proman Servicios Generales, S.L., Easy Sea East, S.L. sobre ordinario, ditouse resolución cuxa parte dispositiva di que estimando integramente a demanda interposta por José Manuel Brea Castro contra Proman Servicios Generales, S.L., contra María Begoña Lucas Arenales como administradora concursal de Proman Servicios Generales, S.L., e contra Easy East, S.L., debo condenar e condeno ás mercantís demandadas, de forma conxunta e solidaria, a aboarlle ao demandante a suma de 2.170,72 euros brutos polos conceptos indicados no feito probado sexto desta resolución, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET desde a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución sobre os conceptos salariais –que comportan 1.954,86 euros–, e o interese do artigo 1108 do Código civil dende a presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución sobre os conceptos indemnizatorios –que comportan 215,86 euros–; e debo condenar e condeno a María Begoña Lucas Arenales na súa soa condición de administradora concursal de Proman Servicios Generales, S.L. a estar e pasar pola devandita declaración e condena.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa non ten lugar á súa condena nesta instancia, debendo estarse ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución facéndoos saber que fronte a esta non cabe recurso.

Notifíquese ás partes, facéndoos saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Proman Servicios Generales, S.L., Easy Sea East, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza