Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Mércores, 11 de novembro de 2020 Páx. 44778

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 206/2019).

Eu, Elena Pereira Bernárdez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 206/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lara López Barreiro contra o Fogasa e Colegio Junior’s, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é:

«Decreto:

Letrada da Administración de xustiza: Elena Pereira Bernárdez.

Santiago de Compostela o trinta de setembro de dous mil vinte.

Parte dispositiva

Acordo:

a) Declarar o executado Colegio Junior’s, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 22.746,72 euros en concepto de principal (11.243,99 euros en concepto de indemnización e 11.502,73 euros en concepto de salarios de tramitación), máis outros 2.274,67 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e custas que poidan derivar da execución, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en forma legal a Colegio Junior’s, S.L., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza