Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Xoves, 12 de novembro de 2020 Páx. 45023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se someten a información pública os procedementos de inscrición no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas de dez montes situados nas provincias de Lugo e Ourense.

De conformidade co establecido no artigo 11.3 do Decreto 167/2019, do 5 de decembro, polo que se crea e se regula o Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, e no artigo 83 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que por espazo de dous (2) meses, que computarán a partir do día seguinte da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente anuncio, se abren os períodos de información pública dos procedementos de inscrición de oficio, no Rexistro de Masas Consolidadas de Frondosas Autóctonas, dos dez montes seguintes:

– 33,36 ha do monte Castrelo e Espiña, de titularidade da CMVMC de Castrelo e A Espiña, en Baleira (Lugo).

– 43,20 ha do monte Castro Portela, de titularidade da CMVMC de Castro Portela, en Folgoso do Courel (Lugo).

– 85,22 ha do monte Hórreos, de titularidade da CMVMC de Hórreos, en Folgoso do Courel (Lugo).

– 341,48 ha do monte Rogueira e Cabana, de titularidade da CMVMC de Moreda, en Folgoso do Courel (Lugo).

– 202,64 ha do monte Moia, de titularidade da CMVMC de Moia e Vilar de Moia, en Navia de Suarna (Lugo).

– 42,04 ha do monte Ribón, de titularidade da CMVMC de Murias de Camín e Ribón, en Navia de Suarna (Lugo).

– 242,41 ha do monte Robledo, de titularidade da CMVMC de Robledo, en Navia de Suarna (Lugo).

– 33,82 ha do monte Coto Redondo, de titularidade da CMVMC da Casela e Parada, en Samos (Lugo).

– 170,86 ha do monte Serra da Enciña, de titularidade da CMVMC de Biobra, en Rubiá (Ourense).

– 34,49 ha do monte Aceveda ou Coto Castiñeira, de titularidade da CMVMC da Castiñeira, en Vilariño de Conso (Ourense).

Durante o período de exposición, calquera persoa física ou xurídica poderá examinar no Servizo de Saúde e Vitalidade do Monte, situado en Santiago de Compostela, os documentos seguintes:

– Memoria xustificativa.

– Plano da masa.

– Listaxe de parcelas catastrais afectadas.

Este trámite requirirá a solicitude dunha cita previa a través do teléfono 981 54 60 51.

Aquelas persoas interesadas poden solicitar a información do expediente no enderezo do correo electrónico do Servizo de Saúde e Vitalidade do Monte:

sanidadeforestal.cmrm@xunta.gal

Así mesmo, durante o período de exposición, as persoas titulares das parcelas catastrais afectadas, individual ou colectivamente, poderán presentar as alegacións que consideren oportunas. Para iso poderán utilizar o formulario do anexo IV do Decreto 167/2019, achegando a seguinte documentación:

a) Listaxe de parcelas catastrais incluídas na masa que son propiedade das persoas que alegan.

b) A xustificación da propiedade mediante documentación acreditativa da titularidade reflectida nos asentamentos do correspondente Rexistro da Propiedade e, na súa falta, no Catastro e, se for o caso, a acreditativa de situacións posesorias por calquera medio de proba válido en dereito ou na falta destes, mediante declaración responsable que acredite a lexitimación para iniciar o procedemento de acordo co establecido no artigo 6.1 do decreto.

c) Se é o caso, acreditación mediante declaración responsable da condición de representante e dos poderes que ten recoñecidos para poder actuar en nome do solicitante.

d) No caso de pluralidade de persoas alegantes, listaxe completa da persoa ou persoas alegantes segundo o modelo específico dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

e) Calquera outra documentación que consideren pertinente achegar.

Este anuncio será, igualmente, obxecto de publicidade a través da páxina web da Consellería do Medio Rural (www.mediorural.xunta.gal).

O presente anuncio estará á disposición das persoas que o soliciten na sede electrónica.

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2020

José Luis Chan Rodríguez
Director xeral de Planificación e Ordenación Forestal