Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45166

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 29 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, polo que se notifica a resolución do recurso de reposición RR/DXPN/CMATV/2020/00008 interposto contra a resolución da directora xeral da Dirección Xeral de Patrimonio Natural ditada no expediente ANP-LU-0034-2019.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Antonio Adriano Alvés Vaz Carvalho, a resolución do recurso de reposición RR/DXPN/CMATV/2020/00008, con data do 30.9.2020 interposto contra a resolución da directora xeral de Patrimonio Natural.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 29 de outubro de 2020

Mª Carmen Bouso Montero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO

Expediente: RR/DXPN/CMATV/2020/00008.

Interesado: Antonio Adriano Alvés Vaz Carvalho.

Acto notificado: resolución do recurso de reposición.