Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Venres, 13 de novembro de 2020 Páx. 45190

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de notificación do requirimento de cumprimento da obriga de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas a titulares descoñecidos e a aqueles aos cales non foi posible notificar por outras causas non imputables a este concello (expediente 2020/G003/000648).

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (LPDCIF), en relación co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e debido a que os titulares dos inmobles que se relacionan a continuación son descoñecidos e resulta imposible á súa notificación ou ben non puideron ser notificados por causas non imputables ao Concello de Ordes, notifícase ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa e retirada de especies arbóreas prohibidas nas parcelas que se describen, imposta pola LPDCIF na letra e) do artigo 7 e no artigo 22.1, no prazo de quince (15) días, que comezarán a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto no Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento das persoas responsables que o contido íntegro das citadas notificacións, así como da totalidade do expediente administrativo, atópase á disposición dos interesados nas oficinas municipais do Concello de Ordes, situadas na rúa Alfonso Senra, nº 108, das 9.00 ás 14.00 horas, os días laborables, de luns a venres.

Predio-referencia catastral

Identificación da persoa responsable

Título polo cal é considerada responsable

15060A042002940000BE

Herdeiros Manuel Louro Barros

Títular catastral

15060A043001020000BR

Herdeiros Manuel Louro Barros

Títular catastral

15060A043000970000BF

Herdeiros Faustina Calviño Castro

Títular catastral

15060A043003140000BQ

María Dolores Maceiras Viñas

Títular catastral

15060A042103000000BF

José Iglesias Balado

Títular catastral

15060A514009140000LQ

Manuel Juncal Pazos

Títular catastral

15060A514007970000LK

Concepción Juncal Vieites

Títular catastral

15060A036008910000BQ

Descoñecido

Títular catastral

15060A036006360000BT

Estrella Rios Noya

Títular catastral

15060A061005320000BZ

Descoñecido

Títular catastral

15060A061005950000BS

José Palmeiro Rey

Títular catastral

15060A061007230000BZ

Manuel Presedo Liste

Títular catastral

Ordes, 30 de outubro de 2020

José Luís Martínez Sanjurjo
Alcalde