Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Luns, 16 de novembro de 2020 Páx. 45303

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de outubro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se someten a información pública o estudo de impacto ambiental e as solicitudes de autorización administrativa previa e de construción e aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do proxecto do parque eólico Monte Peón, sito no concello da Lama, na provincia de Pontevedra (expediente IN408A 2018/04).

En cumprimento do disposto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico; na Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o fondo de compensación ambiental, modificada pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia; no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; na Lei 21/2013, do 9 de decembro de avaliación ambiental; na Lei 10/1995, do 23 de novembro, de ordenación do territorio de Galicia; no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal; e demais normas vixentes de aplicación, sométese a información pública a solicitude relacionada coa instalación que se describe a seguir:

Solicitante: Naturgy Renovables, S.L.U.

Denominación do proxecto: parque eólico Monte Peón.

Concello afectado: A Lama (Pontevedra).

Potencia que se instalará: 12,60 MW.

Número de aeroxeradores que se van instalar: 3 × 4,2 MW de potencia nominal unitaria.

Produción neta anual estimada: 41.387 Mwh/año.

Orzamento total (execución material): 15.950.354,45 €.

Localización: (coordenadas UTM).

Coordenadas da poligonal de delimitación:

Vértice

UTM-X

UTM-Y

1

547.170,00

4.695.383,00

2

549.236,00

4.695.383,00

3

549.236,00

4.694.023,00

4

547.170,00

4.694.023,00

Esta poligonal ocupa un total de 280,97 ha.

Coordenadas dos aeroxeradores, da torre meteorolóxica e da subestación:

Aeroxerador

UTM-X

UTM-Y

MP- 01

547.794,08

4.694.529,40

MP-02

548.145,08

4.694.714,07

MP-03

548.761,90

4.694.868,90

Torre meteorolóxica

UTM-X

UTM-Y

TM1

547.568,00

4.694.326,00

Subestación

UTM-X

UTM-Y

SUB1

548.665,00

4.694.497,00

Características técnicas recollidas no proxecto:

– 3 aeroxeradores de 4.200 kW de potencia nominal unitaria, 138 m de diámetro de rotor e altura da buxa de 154 metros, correspondente co modelo Enercon-138 EP3, ou similar, xunto cos seus correspondentes centros de transformación con potencia unitaria de 4.700 kVA, grupo de conexión Dyn11 e tensión 0,69/30 kV, situados no seu interior.

– Rede eléctrica soterrada a 30 kV, de interconexión entre os centros de transformación dos aeroxeradores e a subestación transformadora 30/132 kV.

– Subestación transformadora 30/132 kV. A aparamenta de 132 kV situarase no parque de intemperie e será de tecnoloxía convencional. A aparamenta de 30 kV utilizará celas metálicas prefabricadas de instalación interior. Estará composta de 1 posición de liña de 132 kV cos equipamentos necesarios de protección e medida; 1 posición de trafo de 132 kV cos equipamentos necesarios de protección e medida; un transformador de 15 MVA ONAN, de relación de transformación 132:32 kV e regulación en carga 132 ± 10 × 1,5 % kV; unha reactancia de posta á terra en 30 kV, con limitación de corrente a 500 A, 30 s; unha posición de transformador de 30 kV; 1 posición de liña de 30 kV para a conexión dos aeroxeradores; unha posición de batería de condensadores de 30 kV; unha posición de transformador de servizos auxiliares e medida de tensión de barras de 30 kV; un transformador de servizos auxiliares 30/0,42-0,242 kV de 50 kVA. Así mesmo, para realizar as funcións de control, mando e protección da instalación montaranse os seguintes cadros: dous sistemas independentes de corrente continua 125 Vcc; servizos auxiliares; proteccións eléctricas; sistema de control e SCADA.

– 1 torre meteorolóxica de 154 m de altura total.

O obxecto da información pública será o proxecto de execución das instalacións, o estudo de impacto ambiental e o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal.

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas, naturais ou xurídicas, que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presentar as súas alegacións, no prazo de trinta (30) días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

Atendendo ás medidas preventivas fronte ao coronavirus COVID-19, a consulta da documentación realizarase preferentemente a través do seguinte enlace da web da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación: https://ceei.xunta.gal/transparencia/documentos-sometidos-a-informacion-publica, na epígrafe de instalacións de xeración. A atención será telefónica no número 986 80 52 39.

Cando sexa indispensable a atención presencial, poderase acudir á Xefatura Territorial da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (avenida Mª Victoria Moreno, 43-5º, 36071 Pontevedra), mediante cita previa no número de teléfono indicado, así como ás dependencias do Concello da Lama (avenida do Concello, 1, 36830 A Lama, Pontevedra).

Pontevedra, 8 de outubro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra