Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Martes, 17 de novembro de 2020 Páx. 45479

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO da convocatoria dunha praza de cabo do Servizo de Extinción de Incendios.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 204 do xoves 22 de outubro de 2020, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a unha praza de cabo do Servizo de Extinción de Incendios incluída na OEP do ano 2020.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante a Resolución do 8 de outubro de 2020, o proceso selectivo, pola quenda de promoción interna, para a cobertura dunha praza vacante do Concello de Pontevedra incluída na oferta de emprego público do ano 2020, que a continuación se sinala:

– Grupo segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público: C. Subgrupo C2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala servizos especiais, clase servizo extinción incendios. Número de vacantes: 1. Denominación: cabo, mediante promoción interna.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado, publicándose os sucesivos anuncios no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 22 de outubro de 2020

O alcalde
P.D. (Acordo da Xunta de Goberno Local do 15.6.2019)
María del Carmen Fouces Díaz
Concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura