Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45586

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 40/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 40/2020, seguido por instancia de Andrea Caamaño Pazos contra Francisco Javier Bueno Robles, sobre reclamación de cantidade, se ditou o auto que despachaba a execución e o decreto de embargo con data do 5.5.2020, contra os cales pode interpor recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial, os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as dúas resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en forma legal a Francisco Javier Bueno Robles, en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza