Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Mércores, 18 de novembro de 2020 Páx. 45680

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Guarda

ANUNCIO de convocatoria do proceso selectivo dunha praza de limpador/a de instalacións municipais.

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2020-1163, do 27 de outubro de 2020, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso de selección dunha praza de limpador/a de instalacións municipais do concello da Guarda, como persoal laboral fixo, mediante o sistema de concurso-oposición libre.

O prazo para presentar as solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do último anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da provincia, no Diario Oficial de Galicia ou no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da provincia e na sede electrónica do Concello da Guarda www.aguarda.sedelectronica.gal

A Guarda, 27 de outubro de 2020

Antonio Lomba Baz
Alcalde