Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45851

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 2020 de cesamento dunha persoa membro do Comité de Ética da Investigación da Coruña-Ferrol.

A presidenta do Comité de Ética da Investigación de A Coruña-Ferrol enviou o día 8.10.2020 un escrito á Xerencia do Servizo Galego de Saúde no que comunica a renuncia dunha persoa como membro do Comité de Ética da Investigación de A Coruña-Ferrol.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do 1 de febreiro de 2018, que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 9 de febrero de 2018, concedeuse a renovación da acreditación do Comité de Ética da Investigación de A Coruña-Ferrol, estableceuse a súa sede e nomeáronse como membros as persoas que se relacionaban no seu anexo.

Entre as persoas que se relacionaban no anexo figuraba Begoña Graña Suárez, que renuncia agora á súa condición de membro do comité.

O Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde dispón no artigo 5.7 que se adscribe á Xerencia do Servizo Galego de Saúde o Comité Autonómico de Ética da Investigación de Galicia, ou órgano que o substitúa.

Consideracións legais e técnicas:

O Decreto 63/2013, do 11 de abril, regula os comités de ética de investigación clínica de Galicia. No relativo á súa composición, o artigo 5.4 sinala que as persoas membros deste comité «serán designados/as e nomeados/as pola persoa titular da consellería competente en materia de sanidade, por proposta da Secretaría Xeral Técnica, garantindo en todo caso a representación equilibrada entre homes e mulleres».

O punto 7 do artigo 5 dispón que «o nomeamento efectuarase por un período coincidente co de vixencia da acreditación do comité, aínda que poderá ser revogado ben por solicitude de baixa da persoa interesada, ben por se teren modificado as circunstancias que motivaron a súa designación de modo que supoña a perda dos requisitos para integrar o comité, ou ben por incumprimento notorio das súas funcións, a criterio do comité, e logo audiencia do/da interesado/a».

Acerca da composición numérica, en concreto, o punto 1 do mesmo artigo sinala que «estará formado por un mínimo de nove e un máximo de vinte e cinco membros, de maneira que se asegure a independencia, competencia e experiencia na toma de decisións e no cumprimento das súas funcións».

Na actualidade, o comité axústase na súa composición aos citados topes numéricos.

Logo de ver o que se expuxo, e de acordo coa proposta que efectuou o xerente do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

O cesamento, por causa de renuncia, de Begoña Graña Suárez como membro do Comité de Ética da Investigación da Coruña-Ferrol.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2020

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade