Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 45958

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 77/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 77/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de María José Santamaría Sampedro contra a empresa Enade Gestión, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Parte dispositiva

Acordo o embargo do vehículo propiedade da executada Enade Gestión, S.L., que a seguir se describe cos seguintes datos de identificación:

Matrícula: 0660HLZ.

Marca: Peugeot.

Modelo: 508 Bline.

Nº de bastidor: VF38D9HD8CL057375.

Domicilio do vehículo: avenida de Barcelona, nº 31, planta 1ª, porta D, 15706 Santiago de Compostela.

Líbrese e remítase directamente e de oficio mandamento por duplicado ao rexistrador de Bens Mobles Provincial, Sección de Automóbiles e Outros Vehículos de Motor obrante nel, para que practique o asento que corresponda relativo ao embargo trabado sobre o vehículo indicado, expídase certificación de facelo, da titularidade que conste do ben e, se é o caso, das súas cargas e gravames, advertíndose que deberá comunicar a este órgano xudicial a existencia de ulteriores asentos que puidesen afectar o embargo anotado (artigo 255 da Lei reguladora da xurisdición social) e deberase devolver un exemplar debidamente cuberto.

Remítase, así mesmo, o mandamento por fax ao Rexistro de Bens Mobles co fin de que estenda o correspondente asento de presentación.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da Lei reguladora da xurisdición social, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da Lei reguladora da xurisdición social. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 1596 0000 64 0077 20, aberta no Banco Santander, e deberá indicar no campo concepto a indicación recurso seguida do código “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “31 Social-Revisión de resolucións letrado da Administración de xustiza”. Se efectúa diversos pagos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, e indicará no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles».

E para que sirva de notificación en legal forma a Enade Gestión, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2020

A letrada da Administración de xustiza