Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Venres, 20 de novembro de 2020 Páx. 46001

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Academia Galega de Seguridade Pública

ANUNCIO do 9 de novembro de 2020 polo que se notifica ás persoas interesadas a resolución ditada en relación ao procedemento de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia.

O procedemento de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia está regulado polo Decreto 104/2012, do 16 de marzo, polo que se fixa a formación mínima dos socorristas acuáticos e se crea e regula o Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia, modificado polo Decreto 35/2017, do 30 de marzo.

O director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública ditou resolucións relativas aos expedientes de inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia das persoas interesadas que se indican no anexo.

Intentada por dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polas persoas interesadas para os efectos de notificación, esta non se puido practicar e foi devolta polo dito servizo.

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do presente anuncio, notifica ás persoas interesadas que se indican no anexo a resolución antes citada.

As persoas interesadas poden recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias da Academia Galega de Seguridade Pública (rúa da Cultura s/n, A Estrada, Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán interpoñer as persoas interesadas, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que as persoas interesadas comparezan, un recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza conforme as previsións da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A Estrada, 9 de novembro de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública

anexo

Nome

Apelidos

Acto notificado

Sección ou seccións do rexistro

Brandon Steaven

Arango Patiño

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Espazos acuáticos naturais

Sara

Barros López

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas

Jesús

Castro Moure

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas

Alberto

Ferreira López

Renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas

Juan José

González Iglesias

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas

Silvano

González Rodríguez

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas/Espazos acuáticos naturais

Antonio

López Armenteros

Declaración de desistencia da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas/Espazos acuáticos naturais

Francisco

Martínez Carmena

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas/Espazos acuáticos naturais

Estefanía

Martínez Figueroa

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas/Espazos acuáticos naturais

Carlos

Matías Macía

Aprobación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Instalacións acuáticas/Espazos acuáticos naturais

Estanislao Juan

Medina Baute

Denegación da renovación da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Espazos acuáticos naturais

Andrés

Piñeiro Lage

Declaración de desistencia da inscrición no Rexistro Profesional de Socorristas Acuáticos de Galicia

Espazos acuáticos naturais