Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Luns, 23 de novembro de 2020 Páx. 46262

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Guitiriz

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza de funcionario da policía local, mediante concurso en quenda de mobilidade, en execución da oferta de emprego público complementaria 2020.

A Xunta de Goberno Local acordou aprobar, con data do 16 de setembro de 2020, as bases para a provisión en propiedade dunha praza de policía local (funcionario de carreira), reservada para a mobilidade horizontal, en desenvolvemento da oferta de emprego público (OEP) complementaria do ano 2020.

Conforme a base quinta, as bases e a convocatoria publicáronse integramente no BOP de Lugo de 20 de outubro de 2020 e efectuarase a convocatoria mediante anuncios no DOG e BOE, conxuntamente coa súa publicación na web e no taboleiro de anuncios municipal. As demais comunicacións que se deban efectuar realizaranse a través do BOP, páxina web e taboleiro de anuncios. As relativas á resolución ou actos do tribunal faranse públicas a través da páxina web e taboleiro de anuncios.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOE.

Guitiriz, 21 de outubro de 2020

María Sol Morandeira Morandeira
Alcaldesa