Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46400

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lles notifican a varios/as interesados/as os trámites de audiencia en relación cos recursos de alzada contra as bases definitivas da zona de concentración parcelaria de Baión (Vilanova de Arousa-Pontevedra).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar ou por ser descoñecido o domicilio, notifícaselles ás persoas interesadas, por medio deste anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), aínda que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da oficina do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería do Medio Rural (avenida María Victoria Moreno, 43, 2º, Pontevedra, teléfono 986 80 54 48), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, con cita previa.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Pontevedra, 11 de novembro de 2020

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto que se notifica

MBB-05-TTEC

Ricardo Fandiño Pérez

Trámite de audiencia

MBB-19-TTEC

Herminia Vázquez García

Trámite de audiencia

MBB-16-TTEC

35428708Z

Trámite de audiencia

MBB-18 (320/15,390/15 e 990/19)-TTEC

35459266M

Trámite de audiencia

RA-107-TTEC

35449415K

Trámite de audiencia

RA-58 (2633/14, 2526/16 e 2527/16)-TTEC

35484984D

Trámite de audiencia

RA-58 (2633/14, 2526/16 e 2527/16)-TTEC

35469142Z

Trámite de audiencia

RA-45-TTEC

Erundina Carabia Magariños

Trámite de audiencia

RA-79 (2049/14)-TTEC

35380178Z

Trámite de audiencia

RA-73 (1971/14)-TTEC

35463710X

Trámite de audiencia

RA-96 (2482/14)-TTEC

CMVMC San Xoán de Baión

Trámite de audiencia

RA-81-TTEC

35441916C

Trámite de audiencia

CO-55 (341/15)

35384477N

Comunicación