Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46378

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de declaración de utilidade pública e necesidade de urxente ocupación dunha instalación eléctrica no concello da Estrada (expediente IN407A 2018/480-4).

Feitos:

Primeiro. O 27 de decembro de 2018, a empresa UFD Distribución Electricidad S.A. solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción da instalación eléctrica denominada Ret. LMTA, LMTS LES805 (Estrada-Gradín 5). Examinado o proxecto de execución, a instalación localizada no concello da Estrada consiste:

– Na substitución dun apoio de celosía existente por un C-2000/14 que quedará como final de liña. Desmóntanse cinco vans de LA-30 e cinco apoios de madeira. Substitúense dous vans de condutor LA-30 por LA-56 entre o apoio HVH-1000/12 e o apoio HVH 1000/12, intercalando un apoio C-2000/18 entre o poste HVH 1000/12 e o apoio de formigón.

– Soterramento do circuíto LES805 (Estrada-Gradín 5) que se vai desmontar canalizándose en condutor RHZ1-20–12/20 kV-3(1×150 mm²).

Segundo. O 7 de xaneiro de 2019, esta xefatura territorial solicitou o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizos de interese xeral afectadas. A empresa promotora manifestou á súa conformidade cos condicionados establecidos.

Terceiro. O 14 de marzo de 2019, esta xefatura territorial ditou unha resolución de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación IN407A 2018/480-4. Está resolución publicouse no Diario Oficial de Galicia (DOG) do 24 de abril de 2019, e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOPPO) do 16 de abril.

Cuarto. O 31 de xaneiro de 2020, UFD Distribución Electricidad solicita a declaración de utilidade pública do expediente IN407A 2018/480-4 por problemas de permisos.

Quinto. Notificouse aos descoñecidos que figuran na relación de bens e dereitos afectados mediante un anuncio polo que se notifica a afección de dous predios no DOG do 15 de xuño de 2020 e no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 18 xuño.

Sexto. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a Resolución do 2 de xuño de 2020 publicada nos seguintes medios:

DOG: 22 de xuño de 2020.

BOPPO: 15 de xuño de 2020.

Xornal Faro de Vigo: 16 de xuño de 2020.

Taboleiro de anuncios do Concello da Estrada: desde o 3 de xuño de 2020 ao 17 de xullo de 2020 conforme o certificado emitido polo Concello da Estrada.

Durante o mencionado trámite non se recibiron as alegacións.

Consideracións legais e técnicas.

Primeira. A Xefatura Territorial de Pontevedra é competente para resolver este expediente con fundamento no Decreto 135/2017, do 28 de decembro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018) e no Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

Segunda. A lexislación de aplicación ao presente expediente é:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

– Real decreto lei 23/2020, do 23 de xuño, polo que se aproban medidas en materia de enerxía e noutros ámbitos para a reactivación económica.

Terceira. As características técnicas máis salientables do Ret. LMTA, LMTS LES805 (Estrada-Gradín 5), para a que UFD Distribución Electricidad solicita a declaración de utilidade pública, son:

– LMT aérea a 20 kV, con condutor LA-56 en tres actuacións:

• 144 metros con orixe no apoio existente HV-1000/13 e final no apoio proxectado C-2000/14.

• 235 metros con orixe no apoio proxectado C-2000/18 e final no apoio HVH-1000/12.

• 13 metros con orixe no apoio proxectado C-2000/18 e final no apoio existente HVH-1000/12 (CT Outeiro).

– LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 289 metros de lonxitude, con orixe no apoio proxectado C-2000/14 e final no apoio proxectado C-2000/18.

A instalación está situada no lugar de Outeiro, Moreiro, no concello da Estrada.

Conforme con todo o indicado,

RESOLVO:

Declarar a utilidade pública, en concreto, da citada instalación eléctrica, o que leva implícito a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación, de acordo co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 2 de novembro de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra