No procedemento de referencia ditouse Sentenza do 10.9.2020, con encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:
«Sentenza número 808/20.
Maxistrada xuíza: Laura Guede Gallego.
En Ourense o 10 de setembro de 2020.
Vistos os presentes autos número 26/20 sobre modificación de medidas promovidos pola procuradora Sra. Álvarez Río, en nome e representación de Benito Álvarez Garrido, como demandante, asistido polo letrado, fronte a Benita León Fernández e Diego Álvarez León, declarados en rebeldía.
Resolución:
Estimo a demanda interposta pola procuradora Sra. Álvarez Río, en nome e representación de Benito Álvarez Garrido fronte a Benita León Fernández e Diego Álvarez León, e declaro a modificación das medidas acordadas na sentenza de divorcio do 22.12.2015, no sentido de ter por extinguida a pensión de alimentos a favor do seu fillo Diego Álvarez León.
Non se impoñen as custas do presente procedemento a ningunha das partes.
Esta sentenza non é firme. Conforme o disposto no artigo 208.4 LAC, indícase que contra a presente resolución cabe interpoñer, no prazo de 20 días, recurso de apelación (arts. 457 e ss. LEC) ante este tribunal, polo Ministerio Fiscal.
Así o acorda, manda e asina a súa señoría. Dou fe».
E como consecuencia do ignorado paradoiro de Diego Álvarez León e Benita León Fernández, esténdese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.
Ourense, 11 de setembro de 2020
O/a letrado/a da Administración de xustiza