Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento ordinario 237/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jorge Martín Redondo Bastos contra Amilaxa Servicios Generales, S.L. sobre ordinario, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di literalmente:
«Decido:
Estimar a demanda formulada por Jorge Martín Redondo Bastos e condenar Amilaxa Servicios Generales, S.L. a pagar á demandante a cantidade de 635,95 euros, que se incrementará cos xuros do 10 %.
Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que é firme e non cabe recurso ningún.
Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos».
E para que sirva de notificación en legal forma a Amilaxa Servicios Generales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 2 de novembro de 2020
O letrado da Administración de xustiza