Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Martes, 24 de novembro de 2020 Páx. 46414

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO da convocatoria para a provisión dunha praza de vixilante municipal.

No Boletín Oficial da provincia de Lugo número 252, do 3 de novembro de 2020, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para a provisión dunha praza de vixilante municipal, do cadro de persoal funcionario, que se cubrirá polo sistema de oposición en quenda libre.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación de anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios referentes á convocatoria, cando proceda, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Lugo e/ou no taboleiro de anuncios e sede electrónica do concello, de conformidade co disposto nas bases da convocatoria.

Friol, 3 de novembro de 2020

José Ángel Santos Sánchez
Alcalde