De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao denunciado, cos datos que se indican no anexo, mediante a publicación no Boletín Oficial del Estado, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador que se cita, por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos, aprobado pola Orde ministerial do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación no domicilio.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para os efectos do disposto no artigo 89 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle ao interesado a posta de manifesto dos documentos que constan no procedemento, nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia, sitos no Edificio de Área Central; praza de Europa, 5A-6º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poida obter copia dos que xulgue convenientes, e concédeselle, así mesmo, un prazo de quince (15) días, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, para que formule alegacións e presente os documentos e informacións que xulgue pertinentes ante o instrutor.
De recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade, resolverase o procedemento coa imposición da sanción que proceda.
Poderase proceder ao pagamento voluntario da multa cunha redución do 20 por cento sobre o importe da sanción proposta, mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Sabadell/Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BSCH e Abanca), usando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia, e presentándoo en calquera entidade bancaria. O pagamento reducido comporta a renuncia a formular alegacións, a terminación do procedemento sen necesidade de ditar resolución e a imposibilidade de interposición de recurso en vía administrativa.
Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2020
Jesús Javier Fernández Barro
Instrutor xefe da División Xurídica
de Portos de Galicia
ANEXO
|
Expediente Matrícula Denunciante |
DNI/CIF denunciado |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
|
Sanc. 12-34-20-08 7ª-AM-3-1215 Gardapeiraos |
76317742Q |
Amarre en rampla sen autorización. 5.8.2020; 12.30 horas; Cee (A Coruña) |
Artigo 131.b) da Lei 6/2017, de portos de Galicia (LPG), 1976 |
Artigo 137 da LPG |
180 € |


