De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de San Pedro de Outes-San Miguel de Valadares (Outes-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia dunha resolución que modifica o acordo de concentración que lles afecta.
Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.
Para consultar o expediente poderá solicitar cita previa nas dependencias deste servizo, chamando ao teléfono 981 18 46 43, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.
A Coruña, 9 de novembro de 2020
Mónica López López
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Interesado/a |
Acto notificado |
Zona de concentración parcelaria |
Manuel Rey Domínguez |
Resolución modificación acordo |
San Pedro de Outes-San Miguel de Valadares (Outes-A Coruña) |
Rosa Manuela Lago Lestón |
Resolución modificación acordo |
San Pedro de Outes-San Miguel de Valadares (Outes-A Coruña) |
Magdalena Agra Cambeiro |
Resolución modificación acordo |
San Pedro de Outes-San Miguel de Valadares (Outes-A Coruña) |
Aurelia Alvite Ramos |
Resolución modificación acordo |
San Pedro de Outes-San Miguel de Valadares (Outes-A Coruña) |
33194463-N |
Resolución modificación acordo |
San Pedro de Outes-San Miguel de Valadares (Outes-A Coruña) |
8683674-R |
Resolución modificación acordo |
San Pedro de Outes-San Miguel de Valadares (Outes-A Coruña) |