De conformidade co artigo 41.3 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático o 6 de novembro de 2020, do proxecto parque eólico Bustelo, nos concellos de Carballo e Coristanco (A Coruña) promovido por Greenalia Wind Power, S.L.U. (antes, Greenalia Power, S.L.U.).
A dita declaración poderase consultar na ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático (San Lázaro, s/n, planta baixa, Santiago de Compostela) e da Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación (San Caetano, s/n, bloque 5, cuarto andar, Santiago de Compostela).
Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2020
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático