De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 9 de novembro de 2020 do proxecto de cambio de uso de forestal a agrícola de varias parcelas, no monte veciñal en man común de Barcela, na parroquia de Barcela, no concello de Arbo (Pontevedra), promovido pola Comunidade de Monte Veciñal en Man Común (CMVMC) de Barcela.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2020
María Sagrario Pérez Castellanos
Directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático