Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Mércores, 25 de novembro de 2020 Páx. 46432

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2020 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 12 de novembro de 2020, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xustifícase polas necesidades funcionais e organizativas actuais.

En consecuencia, por proposta da directora da axencia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 12 de novembro de 2020, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o Acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 12 de novembro de 2020, relativo á aprobación da modificación da relación de postos da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2020

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Modificación:

– No centro de destino «ÁREA DE MODERNIZACIÓN DAS ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS», o posto «PX.A11.00.004.15770.050.-XEFATURA DEPARTAMENTO MODERNIZ. ADMÓN. DE XUSTIZA» muda o código da columna de «Adscrición administracións públicas» a «A20(11).-Adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA., persoal estatutario do Sergas e Administración local».