De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
Intentouse a notificación por correo certificado dos interesados citados no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio o acordo ditado no correspondente expediente.
Sen prexuízo dun anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.
Os interesados dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para realizaren as alegacións e presentaren a documentación que xulguen oportuna ante o órgano competente, así como para comprobar o contido íntegro do expediente nas dependencias da Xefatura Territorial de Ourense, avda. da Habana, 79-7º andar, en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, advertíndoos de que, de non o faceren, teranse por notificados cos efectos que correspondan.
Ourense, 12 de novembro de 2020
O xefe territorial de Ourense
Disposición transitoria segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro
P.S.L. (Decreto 135/2017, artigo 62.3 e 63.1)
Sofía Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica de Ourense
ANEXO
Apelidos e nome |
Nº expediente |
Notificación |
Data ac. |
José Manuel Conde Losada |
TR349A 2014/23-3 |
Acordo de inicio |
16.7.2020 |
Alpa Gestión, S.C. |
TR349A 2014/24-3 |
Acordo de inicio |
16.7.2020 |
Ribeiro Geriatría, S.L. |
TR349A 2014/66-3 |
Acordo de inicio |
5.3.2020 |
Mª Luz Gómez Álvarez, S.L. |
TR349A 2014/99-3 |
Acordo de inicio |
5.3.2020 |
Domingo Moldes Franco |
TR349A 2014/141-3 |
Acordo de inicio |
5.3.2020 |
Merhogar Ourense, S.L. |
TR349A 2016/24-3 |
Acordo de inicio |
22.10.2019 |
Ángel Modesto Rodríguez González |
TR341D 2014/25-3 |
Acordo de inicio |
12.11.2019 |
Esperanza Pérez Rodríguez |
TR341D 2014/71-3 |
Acordo de inicio |
12.11.2019 |
David Cantón Gómez |
TR341D 2014/111-3 |
Acordo de inicio |
12.11.2019 |
Concepción Rodríguez Costa |
TR341D 2014/119-3 |
Acordo de inicio |
12.11.2019 |
Mónica Martínez Imbuluzqueta |
TR341D 2014/189-3 |
Acordo de inicio |
12.11.2019 |
José Manuel Rodríguez Fernández |
TR341O 2014/57-3 |
Acordo de inicio |
6.2.2020 |
José Manuel Rodríguez Fernández |
TR341O 2014/185-3 |
Acordo de inicio |
6.2.2020 |