Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 26 de novembro de 2020 Páx. 46805

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 13 de novembro de 2020, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se fai pública a notificación de incoación de expediente de reclamación de danos (expediente RD/PO-155/2020).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica en expediente de reclamación de danos en materia de estradas (Lei 6/2015, do 7 de agosto, de estradas de Galicia), devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o seu destinatario ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, o interesado dispón dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para compareceren na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (avenida María Victoria Moreno, 43-1º, Edificio Administrativo, 36003 Pontevedra), se desexa examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Pontevedra, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez (10) días antes sinalado ou ao da comparecencia do interesado, se for o caso.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 13 de novembro de 2020

Manuel Ángel González Juanatey
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Estrada

RD/PO-155/2020

Jesús Vázquez Villanueva

Incoación de expediente

VG-4.3 (Cambados-Vilagarcía de Arousa)