Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 26 de novembro de 2020 Páx. 46792

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 13 de novembro de 2020, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se notifican dous trámites de audiencia a uns afectados polo proceso de reestruturación parcelaria da zona de San Vicenzo de Curtis (Vilasantar, A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese practicar, notifícase á persoa interesada, por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), o acto administrativo sinalado no anexo.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas dependencias da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, situadas en San Caetano, s/n, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020

Inés Santé Riveira
Directora xeral de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Interesado/a

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

76512249N

Trámite de audiencia

San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña)

32798692W

Trámite de audiencia

San Vicenzo de Curtis (Vilasantar-A Coruña)