Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 26 de novembro de 2020 Páx. 46777

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 13 de novembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RAI-PO-81/2018 (IN635A 2018/53-4).

O 21 de outubro de 2020 o secretario xeral técnico da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, en uso da competencia delegada polo conselleiro en virtude da Orde do 10 de xuño de 2016 (DOG núm. 131, do 12 de xullo), ditou resolución do recurso de alzada RAI-PO-81/2018 (IN635A 2018/53-4) interposto por Matilde Borbosa López.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a Matilde Borbosa López a resolución antes referida.

A interesada poderá recoller a notificación da resolución mediante comparecencia nas dependencias do Servizo Técnico Xurídico I da Consellería de Economía, Emprego e Industria, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, bloque 5, 4ª planta, 15781 Santiago de Compostela, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Contra esta resolución cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición teña a súa sede o órgano que tivese ditado a disposición ou o acto orixinario impugnado, de acordo co establecido nos artigos 8.3 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Consonte o disposto no artigo 46.1 da citada lei, o prazo de presentación do referido recurso é de dous meses, contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan presentar calquera outro que xulguen oportuno.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020

Pablo Casal Espido
Secretario xeral técnico da Vicepresidencia segunda e
Consellería de Economía, Empresa e Innovación