Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 26 de novembro de 2020 Páx. 46712

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se amplía o prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde da Consellería de Facenda do 20 de febreiro de 2019 (DOG núm. 39, do 25 de febreiro), pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia, dispón na base 2.1.1.1 que o prazo máximo para a realización do primeiro exercicio será de corenta (40) días hábiles contados desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A dita constitución tivo lugar o día 20 de outubro de 2020.

Diversas cuestións de carácter organizativo provocadas pola situación epidemiolóxica actual impiden o cumprimento do prazo ao que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería.

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de Administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia, en vinte (20) días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2020.

José María Barreiro Díaz
Director Xeral da Función Pública