Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 26 de novembro de 2020 Páx. 46788

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Emprego e Igualdade

CÉDULA do 13 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dun expediente sancionador por infracción na orde social.

Intentada a notificación da resolución ditada polo xefe territorial da Consellería de Emprego e Igualdade de Ourense, pola que se acorda a resolución do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, polo medio da presente e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese a efectuar a notificación polo medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), quedando condicionada a súa eficacia á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselle saber que a dita resolución non pon fin á vía administrativa e que, contra ela, cabe formular recurso ante os órganos xurisdicionais da orde social, logo de reclamación ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos trinta (30) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

A persoa interesada, durante este prazo, poderase presentar ante a oficina de emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución ditada polo xefe territorial.

Advírteselle á persoa interesada que, se non formula recurso en tempo e forma, a resolución adquirirá firmeza.

Ourense, 13 de novembro de 2020

O xefe territorial de Ourense
P.S.L. (Decreto 135/2017, artigos 62.3 e 63.1)
Sofia Rodríguez Rodríguez
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa e Xestión Económica

Disposición transitoria segunda do Decreto 130/2020, do 17 de setembro.

ANEXO

Persoa interesada

Nº de expediente

Preceptos infrinxidos

Preceptos sancionadores

Proposta de sanción

51298745M

51298745M/10-12-2019/2.2.E

Artigo 25.4.b)

Artigo 47.1.a)

Perda de tres meses da prestación/subsidio por desemprego