Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Xoves, 26 de novembro de 2020 Páx. 46813

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO polo que se aproba inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións. Nave de cursos de prevención de riscos.

Logo de aprobar inicialmente o Plan especial de infraestruturas e dotacións. Nave de cursos de prevención de riscos, pola Resolución da Alcaldía número 2859/2020, do 28 de outubro, de conformidade co artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e co artigo 186.1.a) do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro, sométese a información pública por prazo de dous meses, contado desde a última publicación no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, estará a disposición na sede electrónica do Concello de Noia (https://noia.sedelectronica.gal).

Durante o devandito prazo, poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se estimen pertinentes ou obter copias.

Se transcorrido devandito prazo non se presentaron alegacións, o documento será elevado para a súa aprobación definitiva, se procede.

Noia, 28 de outubro de 2020

José Santiago Freire Abeijón
Alcalde