Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 46836

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Medio Rural

DECRETO 196/2020, do 26 de novembro, polo que se nomea director xeral de Defensa do Monte a Manuel Rodríguez Vázquez.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro do Medio Rural e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e seis de novembro de dous mil vinte,

Nomeo director xeral de Defensa do Monte a Manuel Rodríguez Vázquez.

Santiago de Compostela, vinte e seis de novembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

José González Vázquez
Conselleiro do Medio Rural