Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 47017

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

ANUNCIO do 16 de novembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, de comunicación da data de pagamento dos prezos xustos e xuros no expediente de expropiación SEM 2015/50, nos concellos de Arteixo e A Coruña.

Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante o presente anuncio convócanse todas as persoas interesadas para o acto de pagamento dos prezos xustos e xuros, derivados do procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación denominada poliduto e instalacións auxiliares para descarga de cru no porto exterior de Punta Langosteira, nos concellos de Arteixo e A Coruña (expediente SEM 2015/50), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla e que terá lugar nas oficinas da casa consistorial do Concello de Arteixo para os predios afectados deste concello, así como no Centro Cívico Municipal A Silva da Coruña respecto das afectadas neste outro concello.

A Coruña, 16 de novembro de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: SEM 2015/50.

Entidade beneficiaria: Repsol Petróleo, S.A.

Denominación da instalación: poliduto e instalacións auxiliares para descarga de cru no porto exterior de Punta Langosteira.

Concellos: Arteixo e A Coruña.

Predios

Concello

Titularidade

Data

Hora

C-AR-3

Arteixo

Herdeiros de Nieves Vázquez Ferreiro

2.12.2020

9.30

C-AR-78, 81 e 88

Arteixo

Dolores Vázquez Pan e herdeiros de Josefa Vázquez Pan

2.12.2020

12.00

C-AR-80

Arteixo

Manuela Vázquez Corral

2.12.2020

11.45

C-CO-21

A Coruña

Herdeiros de Manuel Figueroa Figueroa

3.12.2020

9.45

C-CO-26 e 32

A Coruña

Herdeiros de Dolores Vázquez Rodríguez, María Dolores Vázquez Rey e Carlos Alberto Aquino

3.12.2020

10.00