Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 47023

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda e Administración Pública

ANUNCIO do 13 de novembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PA 242/2020 fronte á Resolución do 25 de novembro de 2019 pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia número 226, do 27 de novembro).

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela polo que solicita o emprazamento de cantos aparezan como interesados no recurso contencioso-administrativo PA 242/2020 fronte á Resolución do 25 de novembro de 2019, pola que se convoca concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 226, do 27 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, o envío do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos ao referido xulgado no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da súa publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública