Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 46978

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se amplía o prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2).

A Orde da Consellería de Facenda do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro) pola que se convoca o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), dispón na base 2.1.1.1 que o prazo máximo para a realización do primeiro exercicio será de corenta (40) días hábiles contados desde a constitución do tribunal que xulgue as probas.

A dita constitución tivo lugar o día 26 de outubro de 2020.

Diversas cuestións de carácter organizativo provocadas pola situación epidemiolóxica actual impiden o cumprimento do prazo a que se fai referencia no parágrafo primeiro polo que, consonte coa proposta elevada polo tribunal cualificador e de conformidade co establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, esta consellería

DISPÓN:

A ampliación do prazo de realización do primeiro exercicio do proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), en vinte (20) días hábiles.

Contra este acordo de ampliación de prazo non cabe recurso, de acordo co disposto no artigo 32.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública