Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Venres, 27 de novembro de 2020 Páx. 46999

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 141/2019).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 141/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Julio César Ferreiro Pallas contra Sacyr Fluor, S.A., Fondo de Garantía Salarial e Metal Works and Structures, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«– Citar as partes para que comparezan o día 10 de febreiro de 2021, ás 10.40 horas, na secretaría deste xulgado, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 10 de febreiro de 2021, ás 10.45 horas, na planta baixa, sala de vistas, Edificio Xulgados, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.

– Advírtese a parte demandante, que en caso de non comparecer ao sinalamento sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se considerará que desiste da súa demanda; advírtese igualmente a parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, e estes continuaránsen necesidade de declarar a súa rebeldía.

– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LJS, dou conta ao xuíz.

Ao outrosí, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS, e por designado domicilio para os efectos de comunicacións (artigo 53 da LXS).

– Antes da notificación desta resolución ás partes dou conta á SSª do sinalamento efectuado.

– Dada a capacidade das salas de vistas e a necesidade de que cada órgano xudicial ordene o acceso ao público de conformidade co disposto no artigo 20 do RDL 16/2020, do 28 de abril, de medidas procesuais e organizativas para facer fronte ao COVID-19 no ámbito da Administración de xustiza, e Acordo gobernativo do 20 de maio de 2020, co fin de favorecer e facilitar o cumprimento desta medida de prevención e seguridade recoméndase aos profesionais que comuniquen ao xulgado con antelación razoable o número de testemuñas e/ou peritos dos que intenten valerse, en caso de que sexa a súa intención propoñelos no acto de xuízo, con indicación dos seus datos de identidade, para favorecer o control de acceso e saída por parte do servizo de vixilancia.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se deberá interpoñer ante quen dita esta resolución, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que esta contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución imougnada.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Metal Works and Structures, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírtese á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza