Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47183

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 202/2018).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 202/2018 por instancia de Ana Isabel Taibo Caeiro, contra a executada María Esther Dopazo Caeiro, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 6.11.2020 decreto de insolvencia no sentido de declarar a executada, en situación de insolvencia total, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2020

Letrada da Administración de xustiza