Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Luns, 30 de novembro de 2020 Páx. 47185

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 183/2020).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento PO 183/2020 deste xulgado se ditaron Decreto do 2 de xuño de 2020 e dilixencia de ordenación do 2 de xuño de 2020 contra os cales se poderá interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días. Fáiselle saber ao interesado que poderá ter coñecemento íntegro das ditas resolucións, así como do escrito de demanda, na secretaría deste xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Bierzo Enxebre, S.L., expido o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa inserción no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza